Velaquí os boletíns para contarvos o que estivemos a fazer! porque neste tempo aconteceron moitas cousas::
Nesta primavera (2019) recuperamos, o noso Boletín, que, por falta de recursos, non nos foi posíbel enviar ao lomngo do ano 2018. E facémolo cunha reportaxe de David Fontán, actual presidente de Altair Galiza, que visitou recentemente @s nos@s compañeir@s das Estrelas Altair de Cabo Verde, en representación da Altair Fundacional. Durante unha semana, David conviviu con el@s, intercambiando ideas educativas e sociais, apoiando o proceso de consolidación das Estrelas (no Bairro Fernando Pó , de Mindelo, hoxe con dúas educadoras estábeis, Ronízia e Julieta, e o apoio de máis dúas persoas, e 14 membros, de entre 10 e 14 anos).
este outono (2017) a rapazada de Seteportas estase a integrar no barrio logo de mudarse á rúa do Home Santo. A praciña situada fronte ao local está a ser um lugar moi concorrido para desenvolver algúns dos xogos preferidos. Actualmente andan a argallar unha nova expedición relacionada coa mitoloxía e a astronomía…
Namentres en Cabo Verde, desenvolveron un proxecto de recollida de historias, lendas e costumes que culminou cunha grande festa para a cal confeccionaron os seus propios traxes e caracterización. Agora están inmersas no proxecto ‘O misterio do nosso Natal’, …
o pasado verán (2017) a rapazada de altair Galicia volcouse nos campamentos de Riotorto e Rianxo, e xa no outono, no pequeno acampamento dunha noite en Pereiro de Alfoz. Dende Altair Caboverde relatan “a euforia tomou conta das crianças ” na primeria acampanda do grupo na praia de Cova da Inglesa.
Ademais, dende Seteportas fan eco do seu novo local en Compostela, no que xa teñen pasado unha noite as estrelas de altair…seguirán informando.