Altair é un movemento internacional Socio-cultural e educativo nos tempos libres concibido como un espazo para o desenvolvemento integral da persoa onde practicar valores, desenvolver destrezas, adquirir coñecementos e habilidades.
Altair nace do pacto libre de educador@s, crianzas e adolescentes de entre 7 a 18 anos e as persoas responsábeis familiarmente destas.
Son valores de altair:
- A defensa da igualdade das persoas e de oportunidades
- O feito de dar, intercambiar e compartir é fundamental na súa acción social
- A promoción da paz e da xustiza social
- A busca da harmonía do ser humano co medio e a súa protección, asi como dos espazos públicos da comunidade
- A defensa da auto-xestión, individual e colectiva, do dereito á participación e a información para a toma de decisións das persoas e das comunidades, asi como a práctica dunha democracia participativa
- A protección, práctica e promoción da cultura de cada comunidade como elemento fundamental da identidade e da cohesión social como mecanismo para aumentar o benestar e a calidade de vida das persoas
- A relación interxeneracional
Obxectivos sociais e educativos xerais de Altair:
- Promover grupos de educación nos tempos libres que traballen con crianzas e mozo/as na procura do seu desenvolvemento integral, conforme aos valores de Altair
- Promover o voluntariado e o asociacionismo, como fórmulas idóneas para desenvolver proxectos de educación nos tempos libres, e a participación social e cidadá,
- Desenvolver a expresión artística, promover a actividade física, deportiva e lúdica e o contacto coa natureza e a educación para a saúde
- Proporcionar formación e activar mozos e mozas como educadores / as e dirixentes de proxectos de animación sociocultural.
Altair como rede na sociedade civil
- Altair implica un colectivo de persoas constituído en equipo de educadoras / es, que deseña, ofrece e responde con actividades e proxectos a diversos grupos de crianzas e mozas/os
- O carácter internacional e de intercambio sistemático do proxecto de Altair amplía a rede de coñecementos, procedementos e experiencias a outras realidades de que os grupos se benefician localmente na súa acción, multiplicando así o reparto de posibilidades e alternativas de cada un deles e do conxunto de Altair
Máis información na nosa carta constitucional>> CARTA CONSTITUCIONAL
Estrutura organizativa
- altair fundacional
- altair internacional
- os grupos activos: altair Galiza (Chao de Castro e Sete Portas), altair Cabo verde (Monte Cara)