Ao longo do 2018 >>
Desta volta, as seteportas viaxaron a Arcos, en Ponteareas. +INFO
Da man da Escola de Tempos Libres Altair Galiza, organizouse un novo curso, en Compostela, en modalidade extensiva do 27 de xaneiro ao 15 de abril (agás Entroido e Pascua) +INFO
En Compostela, do 15 ao 30 de xullo (agás o 25 de xullo por ser festivo). A Escola de Tempos Libres Altair Galiza vén de ofertar o cursos de verán intensivo para director/a de actividades de tempo libre, de 150 horas.
Ao longo do 2015 >>
As crianças de Seteportas altair de Compostela e grupo Chao de Castro – Altair Burela conviviron durante cerca de dez días nun acampamento na vila de Esteiro.
CERVO
Aquí podes ver grandes momentos do acampamento ¡
INVERNO 2015 >>
Seteportas inaugura local en Santiago, nas Salvadas, o día 6 de xuño de 2015.
No que se refire á situación, o local atópase nun lugar privilexiado. Xusto diante temos a praciña Saxo Tenor, onde podemos realizar actividades ó aire libre. Ademais, a uns 50 metros dispoñemos de varias zonas verdes amplas, como son o parque do Auditorio de Galicia e o de Vistalegre. Así mesmo, nesta contorna están habilitadas diversas hortas urbanas ás que tentaremos acceder por medio daquelas persoas encargadas do seu mantemento.
Por outra banda, esta zona de Compostela que conserva un forte espírito de barrio, representado na asociación veciñal As Brañas de Andrés, coa que xa estamos en contacto e coa que agardamos manter unha continuada relación de colaboración. Sumado a isto, practicamente fronte a nós sitúase a escola de ensino galego A Semente, coa que compartimos o noso xeito de entender a educación e coa que agardamos intercambiar pareceres e servirnos de inspiración mutua.
Benvidas/os!
- Nadal : Acampamento en Láncara, 19:20:21:22 de decembro para nenos e nenas de 7-17 anos
Na tarde do venres 18 de decembro do 2014, os grupos Chao de Castro altair (Burela) e Seteportas altair (Compostela) desprazanse a Láncara (Lugo) para desenvolver o campamento de inverno programado para estas datas.
Os nenos e nenas de Burela e Compostela, acompañados polos seus respectivos monitores e monitoras, instálanse na escola unitaria do lugar de Trasliste (Láncara) para compartir tempo e espazo durante uns días. As actividades programadas comprenden rutas de sendeirismo, práctica de deportes tradicionais, coñecemento do mundo agrario e gandeiro, montaxe de tendas, veladas musicais, representacións teatrais e aprender a cociñar.
Neste campamento os nenos e nenas poden compartir cos seus compañeiros e compañeiras as diferentes experiencias e proxectos desenvolvidos durante estes meses nas sesións que teñen lugar todos os sábados tanto no caso de Seteportas coma no de Chao de Castro.
OUTONO 2014 >>
- En Santiago de Compostela, proposta de curso >>curso de monitores de tempo libre
- En Cabo Verde >> Xan, integrante de altair fundacional, viaxa a Cabo verde para fortalecer e compartir a pedagogia do projecto con Monte Cara altair
- En Compostela >> Sete Portas altair está na procura dun local estable
- En Burela >> Chao de castro altair continúa coa actividade estable e prepara xunto con Sete Portas altair a acampada de nadal
- altair Galiza >> campamento para nenos/as de 7-17 anos e curso de iniciación ao campismo para mozos/as de 18-30 anos en Río Xúbia (Narón)
VERÁN 2014 >>
- Sete Portas altair: nace un novo grupo de altair Galiza, con sede en Compostela.
- altair Galiza >> Chao de castro >> acampamento de verán no Valadouro