⇒ Sen ti nunca seremos nós
Altair enténdese como unha proposta de alta fraternidade; solidaria, e máis do que iso. Altair sente no “nós” o espazo conformado pola presenza e o camiño conxunto; tan forte que o mínimo reclamo tira calquera dúbida.
Estar e saber estar á beira de quen necesite, axudar, acompañar, recibir o outro, e, tamén, facer que o outro non teña nada que agradecer, nada que explicar, nada que devolver, só formular a solicitude que descoñecíamos ou non soubemos ver. Ler máis >>
⇒ Unha pedagoxía da Transición
A base educativa de altair é a pedagoxía do proxecto e unha metodoloxía baseada na Acción. Isto significa cambio e axencia como obxectivos: mellorar facendo cousas para conseguir obxectivos.
A transición configúrase como unha forma de facer que se proxecta en obxectivos e medios. Transitar é camiñar, non ir a unha velocidade excesiva que pode romper vínculos e lazos, e a ruta sexa imposíbel de seguir. Transitar é avanzar, á velocidade practicábel, para non volver atrás. Ler máis >>
⇒ A horta de altair
Se un grupo pode, debe ter un pequeno terreo para cultivar ; poucas actividades poderán centrarse mellor os obxectivos da Carta Constitucional de Altair que a actividade da pequena horta do grupo: responsabilidade, compromiso, ciclos da época, do ano, da vida, alimentación, dieta, sustentabilidade, valor das cousas, natureza, esforzo, dedicación … e tantas outras ideas, valores, coñecementos, destrezas que poden apor se a estas que aí van. Ler máis >>
⇒ Comprar no medio local
Un grupo de Altair terá como un dos seus máis fascinantes obxectivos contribuír á cohesión comunitaria, para a súa sustentabilidade económica, social, cultural, identitaria . Para facer a vida no entorno máis próximo, do barrio, da cidade, do país, máis agradábel. Por iso, comprar na propia localidade debe ser unha fórmula cotiá de boa relación, de agradecemento ás persoas polo seu traballo, de simpatía e cariño. Ler máis >>
⇒ Comprar o material do acampamento
Comprar o material de campamento debe ser un grande momento na vida dun membro de Altair: vai definir, con sorte, aquel equipo que o vai seguir en toda a súa vida asociativa e aínda máis aló. Será parte do seu cotián, do que será o seu conxunto práctico e, moi probabelmente, do que será a proxección sentimental de tantas vivencias e emocións. Ler máis >>
⇒ O xogo do golf e o xogos de altair
Os xogos en Altair son unha das formas máis fascinantes de convivencia, acción, compañeirismo, superación, diversión … tantas cousas concentran os xogos en Altair que toda a súa Carta Constitucional pode resumirse nun bo xogo.
Hai moitos xogos no mundo que poden ser adaptadas e mellorados canto ás súas formas e aos seus obxectivos en Altair. Ler máis >>